jueves, 12 de diciembre de 2019

CHEGA O NADAL

Os máis pequenos do cole xa teñen preparadas as postais para participar no concurso de Nadal. Moita sorte a todos polo gran esforzo realizado.



             ¿Cales serán as postais gañadoras ?

             ... nuns días saberemos o resultado!!


martes, 12 de noviembre de 2019

MOUCHOS, CURUXAS , SAPOS E BRUXAS

O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín en Infantil. Fixemos moitas actividades :



-Decoramos as aulas
























-Lemos contos de medo







 -Cantamos cancións terroríficas









 E rematamos a sesión cunha gran merendola na que non podían faltar: vampiros, arañas, vermes e cabazas ...¡¡ A merendola estaba de morte!!
























lunes, 21 de octubre de 2019

SAÍDA DE OUTONO

Despois de varios días investigando os cambios que acontecen nesta estación, decidimos realizar unha saída para comprobalo.
Alí tivemos a posibilidade de observar as árbores, a cor das follas, xogar con elementos do entorno, cantar cancións...
Tamén aproveitamos a ocasión para recopliar diversos materiais (follas, bellotas...)e  despois realizar  actividades variadas.




martes, 8 de octubre de 2019